Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24082

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables, na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Sanea Control, S.L.

3. Data:

Do 28 ao 30 de xuño de 2012.

4. Lugar de realización:

Instalacións de Sanea Control, S.L., avda. da Mahía, nº 106, baixo. 15220 Bertamiráns-Ames, (A Coruña).

5. Número de prazas:

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa:

Día 28.6.2012

10.00-11.00 h

Introdución. Lexislación.

11.00-13.00 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

13.00-14.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

15.30-16.45 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

16.45-19.30 h

Métodos de loita antivectorial.

Día 29.6.2012

10.00-11.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

11.00-12.30 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

12.30-14.30 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

15.30-16.30 h

Preparación de disolucións de produtos.

16.30-17.30 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

17.30-19.30 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación.

Día 30.6.2012

9.30-11.45 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

11.45-12.45 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

12.45-14.00 h

Resolución de exercicios prácticos.

14.00-15.00 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 28 ao 30 de xuño de 2012.

Lugar de realización do curso:

Instalacións de Sanea Control, S.L., avda. da Mahía, nº 106, baixo. 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico-prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: o 28 e 29 de xuño de 10.00-19.30 h, cunha hora de descanso, e o 30 de xuño de 9.30-15.00 h.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase como data límite o 21 de xuño de 2012 a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81; fax: 881 24 29 45; e-mail: saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

NOME:

APELIDOS:

CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA:

EMPRESA:

SECTOR ACTIVIDADE:

ENDEREZO:

CP:

LOCALIDADE:

PROVINCIA:

TELÉFONO:

FAX:

E-MAIL: