Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24086

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 31 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, nas especialidades de Caracterización e Indumentaria (594442), Espazo Escénico (594448) e Técnicas Escénicas (594456).

Advertidos erros no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 112, do mércores, 13 de xuño de 2012, é necesario efectuar a seguinte modificación:

No anexo II, páxina 23097, apartado III. Proxecto docente, debe engadirse ao final do segundo parágrafo o seguinte: «Na actualidade están en vigor ensinanzas LOXSE e LOE. A lexislación vixente está recollida no Real decreto 754/1992 (BOE do 25 de xullo), no Decreto 220/2005 (DOG do 8 de agosto), no Real decreto 630/2010 (BOE do 5 de xuño) e na Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG do 11 de outubro)».