Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 24005

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de contratación (Var-2/2012).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Departamento de Contratación. b) Número de expediente: Var-2/2012.

2. Obxecto do contrato: contratación dunha póliza de seguro de accidentes para o persoal ao servizo do Concello da Coruña.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de valoración.

4. Orzamento base de licitación: 52.792,24 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (Perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 2 de xullo de 2012. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de Contratación e/ou no Perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de maio de 2012

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública