Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 24004

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Bolo

ANUNCIO de información pública sobre rehabilitación dun edificio para establecemento de turismo rural.

De conformidade co disposto no artigo 41.2.b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, sométese a información pública polo prazo de vinte días o expediente que se está a tramitar para o outorgamento da autorización autonómica previa en solo rústico da seguinte obra:

Solicitante: José Arias García.

Localización: Celeirós, nº 14, O Bolo.

Uso solicitado: rehabilitación de edificio para establecemento de turismo rural (casa de aldea) e comedor con exposición de productos típicos da comarca.

Altura e ocupación: 7 metros y 736,40 m2.

Durante o citado prazo, que comezará a contarse desde o día seguinte á publicación deste anuncio, os interesados poderán consultar, na Secretaría do Concello (rúa César Conti, 33) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, a documentación completa do expediente e formular as alegacións que ao seu dereito conveña.

O Bolo, 30 de maio de 2012

Manuel Corzo Macías
Alcalde