Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 24006

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento dunha nave para destinala ao aprovisionamento de buques en Almeiras.

Provisur, S.L. solicitou unha licenza municipal para o acondicionamento dunha nave para destinala ao aprovisionamento de buques, situada no parque empresarial de Alvedro, rúa J, naves J-18 e J-20, parroquia de Almeiras. O expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo na Secretaría do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 21 de maio de 2012

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo