Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23925

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

AUTOS (286/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de Miguel Meijide Vaamonde contra Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Pavimentos y Parquets Coruña, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co nº 286/2010, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña o trece de abril de dous mil doce.

Luis Carlos Mariana Niño, maxistrado xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade da provincia da Coruña, tras ter visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante comparece Miguel Meijide Vaamonde asistido da súa letrada María Sonia Esparza Quintela e doutra como demandados o Fondo de Garantía Salarial, e Pavimentos y Parquets Coruña, S.L., que non comparecen.

Decido que estimando a demanda formulada por Miguel Meijide Vaamonde contra a empresa Pavimentos y Parquets Coruña, S.L. condeno esta a aboarlle a cantidade de 6.035,72 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos cos xuros conforme o artigo 29.3 ET e absolvo da demanda o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en (Banesto 0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0286 10 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0286 10 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día de hoxe do que dou fe».

E para que sirva de notificación a Pavimentos y Parquets Coruña, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de maio de 2012

O secretario xudicial