Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23922

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribadavia

EDICTO (386/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

Sentenza.

Ribadavia, 23 de febreiro de 2012.

Procedemento: xuízo verbal (desafiuzamento precario) 386/2011.

Demandante: Sara Lorenzo Vázquez.

Procurador: Sr. Merens Ribao.

Demandada: Áurea Rodríguez Fernández.

Decisión que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador José Merens Ribao, en nome e representación de Sara Lorenzo Vázquez, contra Áurea Rodríguez Fernández e condeno esta a que deixe libre, expedita e á disposición da demandante a edificación sita en Cima de Vila número 24 de Cenlle (Ourense).

Condénase en custas a parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que fronte a ela pode interporse recurso de apelación ante este Xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte á súa notificación.

Así o acorda, manda e asina José Luis Deaño Rodríguez, xuíz do Xulgado de Primera Instancia e Instrución de Ribadavia e do seu partido.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Áurea Rodríguez Fernández, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ribadavia, 1 de marzo de 2012

O/a secretario/a xudicial