Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23923

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1223/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de Manuel Domingo Pose López contra Dosan XXI, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1223/2009, acordouse notificar a Dosan XXI, S.L., en ignorado paradoiro, a decisión da sentenza ditada no presente procedemento:

«Decisión.

Que estimando a demanda interposta por Manuel Domingo Pose López contra a empresa Dosan XXI, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de tres mil oitocentos corenta e tres euros e oitenta e oito céntimos (3.843,88 €), incrementada co xuro por mora do 10%.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberase acreditar tamén a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a Dosan XXI, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de maio de 2012

A secretaria xudicial