Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23910

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 6064/2008-RMR).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 6064/2008 seguido por instancia de Pablo Blanco Rodríguez contra Moving Lights, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando o recurso interposto polo letrado Xermán Vázquez Díaz, en nome e representación de Pablo Blanco Rodríguez, fronte á sentenza do tres de novembro de dous mil oito ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Lugo no proceso nº 532/2008, promovido por Pablo Blanco Rodríguez contra a empresa Moving Lights, S.L., impoñemos á demandada o aboamento dos honorarios do letrado do demandante, que se fixan en 300 euros, e condenámola ao pagamento dun xuro por mora do 10% anual sobre a cantidade obxecto de condena en instancia, 2.593,74 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Moving Lights, S.L. con último domicilio coñecido na estrada da Coruña, 60, Lugo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de maio de 2012

O secretario xudicial