Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 31 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do procedemento sancionador PO-41/2012, por infraccións en materia de comercio.

Con data do 20 de abril de 2012, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria resolveu iniciar o expediente sancionador nº PO-41/2012, incoado contra Gimeno González Gómez.

Intentada a notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle ao interesado o contido do devandito acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Advírteselle ao interesado que, en cumprimento do artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, se lle concede un prazo de quince (15) días para achegar ao instrutor do procedemento cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue convenientes e, de ser o caso, propoñer as probas que considere oportunas, concretando os medios de que pretenda valerse.

Vigo, 31 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-41/2012.

Interesado: Gimeno González Gómez (DNI 34903710Z).

Enderezo: rúa D, nº 27, 36500 Lalín (Pontevedra).

Feitos imputados: tres infraccións graves en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (DOG nº 249, do 29 de decembro), artigos 105.a).1, 105.b).10,105.e).

Instrutor do expediente: Gabriel Iglesias Longo.