Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2012 pola que se anuncia a licitación do contrato harmonizado, por procedemento aberto e trámite ordinario, dos servizos de mantemento e soporte do Sistema de información da dependencia desta consellería.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Obras.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo perfil contratante:http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17571

e) Número de expediente: 17/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de mantemento e soporte do Sistema de información de dependencia da Consellería de Traballo e Benestar. (CPV: 72243000-0).

b) División por lotes e número: sen lotes.

c) Lugar de execución: con carácter xeral nas dependencias da empresa contratista.

d) Prazo de execución: un ano.

e) Admisión de prórroga: un ano como máximo.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 402.711,86 €, IVE: 72.488,14 €, importe total: 475.200,00 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si, 5% do importe de adxudicación, (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo V, subgrupo 2 e 5, categoría C.

b) Solvencia: ver o prego de cláusulas administrativas particulares para o suposto de licitadores estranxeiros (cláusula 5.3.2).

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17571

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono:

– Información de índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa do Servizo de Contratación e Obras da Secretaría Xeral Técnica).

– Información de índole técnica: 981 54 69 81 (Martín Amado Castro da Subdirección Xeral de Tecnoloxías da Información da Secretaría Xeral Técnica).

e) Telefax: información de índole administrativa: 981 54 56 85. Información índole técnica: 881 99 70 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación de ofertas, que é o 23 de xuño de 2012.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 23 de xuño de 2012.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, e deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre 1, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1. Oficina de Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres das 9.00 ás 19.00 h e os sábados das 9.00 ás 14.00 h.

Calquera variación relativa ao horario publicarase no perfil do contratante.

2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado e xustificarase a data e a hora de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: apertura da documentación do sobre 2: 2.7.2012 ás 12.00 h. Apertura da documentación do sobre 3: 11.7.2012 ás 12.00 h.

e) No perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17571) publicarase o lugar e hora do acto público de apertura dos sobres 2 e 3, así como calquera posible variación das datas antes indicadas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 31.5.2012.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2012

P.D. (Artigo 1 da Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar