Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto con varios criterios de valoración, para a adxudicación do contrato non suxeito a regulación harmonizada de servizo para o estudo da viabilidade técnica, ambiental e económica que poida supoñer a demolición/modificación dos obstáculos na bacía do río Ulla, proxecto LIFE+natureza de biodiversidade 2009, recuperación das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla (Galicia), denominado Margal Ulla (clave OH.088.307.SV), cofinanciado coa contribución do instrumento financeiro LIFE da Unión Europea.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Tipo de contrato: servizo.

d) Obtención de documentación e información.

1) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

– Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

– A copistaría Copybelén na rúa Rosalía de Castro, nº 29-31 (Galerías Belén), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono 981 59 99 24 e fax: 981 59 47 30.

2) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

Descrición e lugar de execución: estudo da viabilidade técnica, ambiental e económica que poida supoñer a demolición/modificación dos obstáculos na bacía do río Ulla. Proxecto LIFE+natureza e biodiversidade 2009, recuperación das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla (Galicia), denominado Margal Ulla.

Número de expediente: OH.088.307.SV.

Orzamento base de licitación: importe neto: 121.996,42 euros. Importe total: 143.955,78 euros.

Valor estimado do contrato: 121.996,42 euros.

Prazo de execución (meses): dez (10).

Admisión de prórroga: non procede prórroga contractual.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarán a súa solvencia polos medios establecidos nos artigos 75.1.a) e 78.a), b) e e) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público nos termos que se expresan na cláusula 7.1.4. do prego de cláusulas administrativas particulares en relación co punto 6.2 do cadro de características do contrato.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 2 de xullo de 2012.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Compostela (A Coruña), nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Dirección, localidade e código postal: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B o 13 de xullo de 2012 ás 10.00 horas e a apertura do sobre C terá lugar na data e hora que se notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e se publicará, no perfil do contratante, con dous (2) días hábiles de anticipación á súa realización.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

9. Outras informacións.

– Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto do contrato indicado no punto 2 anterior está cofinanciado coa contribución do instrumento financeiro LIFE da Unión Europea, que poderá alcanzar ata unha porcentaxe máxima do 50% dos gastos do proxecto, a través dos fondos LIFE+natureza e biodiversidade dentro do proxecto aprobado LIFE+natureza e biodiversidade 2009, recuperación das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla (Galicia), denominado Margal Ulla (proxecto LIFE09NAT/ES/000514, Margal Ulla) no eido da acción A.3 (estudo de viabilidade técnica, ambiental e económica que poida supoñer a demolición/modificación dos obstáculos), actuación que se levará a cabo no curso principal do río Ulla e afluentes.

– CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características do contrato.

– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que calquera dos actos públicos de apertura das ofertas se modifique notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia