Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 31 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para fomento da forestación de terras agrícolas número 11270152/2005 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 11270152/2005, 11270367/2005 e 11320013/2005 (Orde do 13 de maio de 2005, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2005 as axudas para o fomento da forestación de terras agrícolas).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselle aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación da resolución, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que estimen conveniente aos seus dereitos ante a consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11270152/2005.

Interesado: José Luis Lodos Ferreiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lg. Baltar, 13, 2700 A Pastoriza (Lugo).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11270367/2005.

Interesada: Lucía Bardelas Valladares.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lg. A Matanza, 1, Furco (San Gregorio), 27527 Carballedo (Lugo).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11320013/2005.

Interesada: CMVMC de Cebral.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lg. Froufe, s/n, 32530 O Irixo (Ourense).