Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de maio de 2012 polo que se fai público o acordo de incoación e prego de cargos ditados no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra José Lamazares Fuentes (concello de Rodeiro). (Clave DH.D36.18025).

O 10 de maio de 2012 ditouse acordo de incoación e prego de cargos no expediente sancionador de referencia seguido contra José Lamazares Fuentes pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de vertedura de augas residuais, tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación e prego de cargos ao interesado facéndolle saber que unha copia deles está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia