Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23749

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas da zona E69B no Rebel, Vilalonga-Sanxenxo, tramitado por instancia do Concello.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión realizada o 28 de maio de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Prestar aprobación definitiva ao Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas da zona E69B, no Rebel-Sanxenxo, con estimación das alegacións formuladas, nos termos e alcance que se reflicten nos informes do arquitecto municipal do 19 de febreiro e da asesora xurídica do 27 de febreiro de 2009.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva do Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas da zona E69B, no Rebel-Sanxenxo, no prazo dun mes desde a súa adopción no Diario Oficial de Galicia, e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial de Pontevedra, ao abeiro do disposto no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. E notificar o dito acordo persoalmente aos propietarios afectados e ás demais persoas interesadas que constan no expediente.

Terceiro. Comunicarlle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, conforme o disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas do zona E69B, no Rebel-Sanxenxo, e á vez darlle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre o que se tivese ditado o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello, facendo constar este aspecto.

Cuarto. Segundo o disposto no artigo 14 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, unha vez aprobado definitivamente o plan especial, póñase este á disposición do órgano autonómico competente en materia ambiental, das outras administracións que no curso da súa tramitación foron consultadas e do público, coa documentación que se refire no indicado precepto.

Con data do 1 de xuño de 2012 remitiuse á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran este plan.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderase interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportuno.

De conformidade co artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, notifícaselles o acordo que nel se contén a todos os propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Sanxenxo, 4 de xuño de 2012

Catalina González Bea
Alcaldesa