Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23751

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude das licenzas urbanísticas que se citan (expedientes 39099/422, 39236/422, 39252/422 e 37700/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Damur Odontología, S.L. Actividade: consultorio odontolóxico. Situación: avda. Florida, nº 19. Expedientes: 76073/421 e 39099/422.

2. Solicitante: Enriel, S.L. Actividade: almacén para distribución de ferramentas e accesorios para a industria metalúrxica e naval. Situación: avda. Ricardo Mella, nº 119-A. Expedientes: 76425/421 e 39236/422.

3. Solicitante: Decoraciones y Obras García, S.L. Actividade: taller de carpintaría metálica. Situación: avda. Ramiro Pacual, nº 18, nave C. Expedientes: 76485/421 e 39252/422.

4. Solicitante: Pilotes Posada, S.A. Actividade: taller e oficinas para o desenvolvemento da actividade de construción de toda clase de obras. Situación: estrada de Camposancos, nº 44, interior. Expedientes: 76436/421 e 37700/422.

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta 1 do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 24 de maio de 2012

Mª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos