Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23748

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de licenza de actividade para ampliación do cemiterio parroquial de Santa Ouxea de Lobás.

Emilio Viéitez Calviño, en nome e representación do Bispado de Ourense, solicitou licenza municipal de actividade pola ampliación do cemiterio parroquial de Santa Ouxea de Lobás, e cumprindo co disposto no artigo 51 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, de policía sanitaria mortuoria, sométese á información pública, polo período de 15 días, co fin de que durante este (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP e no DOG), as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente nas dependencias municipais deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Carballiño, 27 de marzo de 2012

Argimiro Marnotes Fernández
Alcalde