Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de maio de 2012, do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador 107 C 2011/44-0, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, con data do 13 de abril de 2012, resolución no expediente sancionador 107 C 2011/44-0 pola que se acorda a suspensión do procedemento sancionador que foi incoado polas obras realizadas no lugar de Penaloureira, parroquia de Rutis, no termo municipal de Culleredo, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Italhispania, S.L., mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística