Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23467

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración sucesiva de tubos de baleiro para extracción de mostras de sangue e de equipamentos dun só uso de aféreses para esta fundación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-FCT1-11-007.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de tubos de baleiro para extracción de mostras de sangue e de equipamentos dun só uso de aféreses para a Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

c) Lotes: 4.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33141000-0/33692600-3.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 3.8.2011; BOE do 9.8.2011 e DOUE do 28.7.2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.268.456,00 € (IVE non incluído).

5. Orzamento base de licitación: 3.268.456,00 € (IVE non incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de marzo de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 15 de abril de 2012.

c) Contratista: lote nº 1: Vacuette España, S.A.; Lote nº 2: Terumobct Europe, NV. Lote nº 3 e 4: Fenwal Europe, S.P.R.L.

d) Importe ou canon de adxudicación (IVE non incluído): Lote nº 1: 73.320,00 €. Lote nº 2: 2.285.860,00 €. Lote nº 3: 625.000,00 €. Lote nº 4: 102.000,00 €.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2012

María Inmaculada Rodríguez Calvo
Directora técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia