Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23466

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases xerais e específicas para prover cinco prazas de administrativo, do cadro de persoal funcionario, reservadas a promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP), número 114, do 19 de maio de 2012, publícase a convocatoria e as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal funcionario, promoción interna, que a continuación se relacionan:

Número de vacantes: cinco. Denominación: administrativo, escala Administración xeral, subescala administrativo. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo C, subgrupo C1.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial publicado no BOP número 114, do 19 de maio de 2012 (paxs. 16, 17 e 18).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou nos lugares determinados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Dirixiranse ao presidente da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación e na páxina web desta Corporación.

Lugo, 24 de maio de 2012

P.D. (Decreto do 16 de marzo de 2012)
Juan José Díaz Valiño José Antonio Mourelle Cillero
Deputado delegado de Cooperación Secretario da Deputación
e Asistencia aos Concellos Provincial de Lugo