Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23469

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Instituto de Estudos Turísticos de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este consorcio no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consorcio Instituto de Estudos Turísticos de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2012 e que se relacionan a seguir:

Nº 1 (único): convenio de colaboración subscrito entre o IES Rosalía de Castro e o Instituto de Estudos Turísticos de Galicia para o desenvolvemento dun programa formativo de formación en centros de traballo, dirixido ao alumnado de formación profesional específica.

Sinatura: 16 de abril de 2012.

Importe: 0,00 euros.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012

Carmen Pardo López
Presidenta do Consorcio Instituto de Estudos Turísticos de Galicia