Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23375

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (47/2010).

Na Coruña o vinte e catro de maio de dous mil doce.

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que neste procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e ditame se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 323/2012.

Seguridade Social (xubilación) 47/2010.

Sentenza.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre prestación de xubilación 47/2010, sendo demandante José Barral Vieites, representado pola letrada Sra. Pousada Vales, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social, coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Suárez Berea, e a empresa Metal Musica, S.L.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de José Barral Vieites contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e contra a empresa Metal Musica, S.L., e, en consecuencia, declaro o dereito daquel de percibir a pensión de xubilación na contía resultante da aplicación das bases de cotización previstas no Convenio colectivo de siderometalurxia no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2000 e o 30 de novembro de 2004, con efectos desde o 12 de setembro de 2009, e condeno o Instituto Nacional da Seguridade Social ao anticipo do aboamento da diferenza xerada na contía da prestación, sen prexuízo do seu dereito de reintegro con cargo á empresa Metal Musica, S.L., a cal é responsable, por ausencia de alta e por defecto de cotización, pola diferenza entre a base reguladora fixada e a recoñecida a través desta sentenza.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

Expídese este para que sirva de notificación ao representante legal de Metal Musica, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A secretaria xudicial