Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1170/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1170/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Valeri Martínez Folgueira contra a empresa Nor Seguridad contra Incendios de Galicia, S.L., Nor Clima y Ventilaciones de Galicia, S.L., Norclisa Clima y Seguridad Integral, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por María Valeri Martínez Folgueira, asistida polo graduado social Tomás Tubío Piñeiro contra as empresas Nor Seguridad y Contraincendios de Galicia, S.L., Nor Clima y Ventilaciones de Galicia, S.L. y Norclisa Clima y Seguridad Integral, S.L., todas elas en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado ao demandante, condenando solidariamente as demandadas a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 11.876,02, máis, en ambos os casos, ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 50,30 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar na conta a suma de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación da sentenza en legal forma ás codemandadas Nor Seguridad Contra Incendios de Galicia, S.L., Nor Clima y Ventilaciones de Galicia, S.L. y Norclisa Clima y Seguridad Integral, S.L. por encontrarse en ignorado paradoiro se insire a presente resolución no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2012

A secretaria xudicial