Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dispón a publicación, para xeral coñecemento e cumprimento, da decisión da Sentenza 1314/2011 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

No recurso contencioso-administrativo numero 639/2009, seguido por instancia do sindicato Federación de Traballadores do Ensino de UGT contra a Orde da Consellería do Mar do 25 de xuño de 2009 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros oficiais de ensino pesqueiro, dependentes desta consellería; sendo parte demandada a Consellería do Mar, a Sala do Contencioso-Administrativo con sede na Coruña, ditou, con data 14 de decembro de 2011, a sentenza numero 1314/2011, cuxo fallo literal é o seguinte:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo promovido pola Federación de Traballadores do Ensino de UGT, contra a Orde da Consellería do Mar do 25 de xuño de 2009, e neste sentido declárase a nulidade de pleno dereito do punto f da base 2 da citada orde, que anulamos e deixamos sen efecto. Sen custas».

Na súa virtude, esta dirección xeral, de conformidade co establecido nos artigos 118 da Constitución, 17.2 da Lei orgánica do poder xudicial e demais preceptos concordantes da vixente Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, dispón a publicación da dita decisión no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento e cumprimento.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro