Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos correspondentes a diversos expedientes do ano 2011.

En cumprimento do artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público:

– Expediente 2011.27.FC.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na revisión da seguridade e do cumprimento co esquema nacional de seguridade, dos sistemas de información da Subdirección Xeral de Colocación da Consellería de Traballo e Benestar.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: cincuenta e nove mil trescentos trinta e sete euros con catorce céntimos de euro (59.337,14 €), máis dez mil seiscentos oitenta euros con sesenta e oito céntimos de euro (10.680,68 €), en concepto de IVE (18%), do cal resulta un total de setenta mil dezasete euros con oitenta e dous céntimos de euro (70.017,82 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 9 de marzo de 2012.

b) Contratista: Atos Spain, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: corenta e catro mil euros (44.000,00 €), máis sete mil novecentos vinte euros (7.920,00 €) en concepto de IVE (18%), do cal resulta un total de cincuenta e un mil novecentos vinte euros (51.920,00 €).

6. Formalización: 14 de marzo de 2012.

– Expediente 2011.34.RL.A.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento dunha campaña de divulgación das potencialidades do cooperativismo dirixida á mocidade na rede de centros Eusumo: Cooperativismo e Economía Social, cofinanciado polo Forndo Social Europeo, no marco do Programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2007- 2013.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 173, do 9 de setembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: cento vinte e tres mil setecentos vinte e oito euros con noventa e un céntimos de euro (123.728,91 €), máis vinte e dous mil douscentos setenta e un euros con dezanove céntimos de euro (22.271,19 €) en concepto de IVE (18%), o que fai un total de cento corenta e seis mil euros (146.000,00 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 27 de marzo de 2012.

b) Contratista: Luis Ferreira Asociados, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento oito mil euros (108.000,00 €), máis dezanove mil catrocentos corenta euros (19.440,00 €), o que resulta un total de cento vinte e sete mil catrocentos corenta euros (127.440,00 €).

6. Formalización: 4 de abril de 2012.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar