Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 30 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador a Balarande Promociones, S.L.

Ante a imposibilidade da súa notificación, por medio desta cédula notifícase a Balarande Promociones, S.L. a incoación de expediente sancionador do 10 de de febreiro de 2012.

Comunícaselle que o devandito acordo está á súa disposición, no prazo de quince (15) días, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43-5ª planta, Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo, e de acordo co disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos xulgue convenientes e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

No caso de non presentar alegacións no prazo sinalado, o acordo poderá considerarse proposta de resolución.

O presunto responsable poderá recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade e a partir dese momento poderase adoptar a correspondente resolución coa imposición da sanción que corresponda.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 30 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra