Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2012/42-2, 8011 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.

Domicilio social: Plaza del Gas, 1, 08003 Barcelona.

Denominación: liña de media tensión 20 kV a C.H. Peares II.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

– L.M.T. a 20 kV soterrada en canalización entubada, en canaleta rexistrable, en soportes amarrados a paredes e teitos, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio existente nº 5 da LMTPRS809 (Poboado 9) da subestación de Peares e final na futura cela de liña do centro de transformación, servizos auxiliares Peares II, cunha lonxitude de 477 metros en condutor tipo R.H.Z.1-2OL (AS)-12/20 kV/3×(1×95) mm2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de xuño de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo