Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2012/43-2, 8012 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.

Domicilio social: Plaza del Gas, 1, 08003 Barcelona.

Denominación: liña de media tensión 20 kV a central hidroeléctrica Belesar II.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

– L.M.T.A. a 20 kV, consistente na instalación dun apoio proxectado situado entre os apoios existentes D63 e D63-1 da liña aérea de media tensión existente procedente da saída CHA807 (Belesar II), instálanse 11 metros de condutor tipo LA-56 entre o dito apoio e o existente D63-1 e reténsanse 17 metros de condutor existente.

– L.M.T.S. a 20 kV en canalización entubada, en canaleta rexistrable, en canaleta revisable, en soportes amarrados a paredes e teitos, con orixe nun apoio proxectado no cal se instala un paso aéreo a soterrado situado entre os apoios existentes D63 e D63-1 da liña aérea de media tensión existente procedente da saída CHA807 (Belesar II) e final na futura cela de liña do centro de transformación, servizos auxiliares Belesar II, cunha lonxitude de 510 metros en condutor tipo R.H.Z.1-2OL(AS)-12/20 kV/3×(1×240) mm2 AI.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de xuño de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo