De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlle mediante a presente cédula a Manuel Pérez Romero o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 29 de marzo de 2012, que fixa o prezo xusto do predio número 110 sito no Porriño, relativo ao proxecto 00849 (expediente 2010/001469), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 00849, predios non incorporados á Xunta de Compensacion do Sur PPI-6 sector 2. TM O Porriño.
Nº expediente: 2010/001469.
Persoa que se notifica: Manuel Pérez Romero.
Expropiante: Concello do Porriño.
Expropiado: Manuel Pérez Romero.
Beneficiario: Xunta Compensación do Sur PPI-6 sector 2, O Porriño.
Predio número: 110.
Concello: O Porriño.
Provincia: Pontevedra.
Valoración resolución do xurado: 15.099,14 euros.