De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante a presente cédula a Antonio Martínez Estévez e a outra o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 2 de febreiro de 2012, que fixa o prezo xusto do predio número 2090 CO, sito en Teo, relativo ao proxecto 00851 (expediente 2010/001928), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 00851-modificado nº 1 autovía AG-59 alternativa a AC-841 e conexión rede alta capacidade Santiago. Treito: enlace A Ramallosa-CP 8201. Clave: AC/99/073.01.1.
Nº de expediente: 2010/001928.
Persoas que se notifican: Antonio Martínez Estévez e outra.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas da Coruña.
Expropiados: Antonio Martínez Estévez e outra.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas da Coruña.
Predio nº: 2090 CO.
Concello: Teo.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do Xurado: 524,16 €.