Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se empraza a empresa Montajes Lugo, S.L. no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 36/2012, interposto pola empresa Ingalux, S.L.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, mediante esta resolución notifícaselle á empresa Montajes Lugo, S.L. o emprazamento no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 36/2012, interposto pola empresa Ingalux, S.L.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ao recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 36/2012, interposto pola empresa Ingalux, S.L. contra a Resolución do 10 de novembro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar, e ditada no expediente sancionador na orde social número 2000/0001-0; acta de infracción número 341/1999/2/H.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, polo que se notifica e empraza a empresa Montajes Lugo, S.L. para que nun prazo de nove (9 días), contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, se o estima conveniente, poida comparecer e comparecer en autos mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto. De comparecer fóra do indicado prazo, teráselle como parte, sen que por iso deba retrotraerse nin interrompirse o curso do procedemento e se non se presentase oportunamente, continuará o procedemento polos seus trámites, sen que se teña que practicar notificación de clase ningunha.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais