Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo de vixilancia no Complexo Residencial Xuvenil LUG (centro LUGI) de Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Enderezo: rolda da Muralla, 70-baixo.

3. Localidade e código postal: Lugo 27071.

4. Teléfono: 982 29 41 01.

5. Fax: 982 29 49 74.

6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

7. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Nº de expediente: 58/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de vixilancia no Complexo Residencial Xuvenil LUG (centro LUGI) de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: rúa Pintor Corredoira, 2, 27002, Lugo.

e) Prazo de execución: un ano desde a súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79714000-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: cento dez mil euros (110.000,00 €).

IVE (18%): dezanove mil oitocentos euros (19.800,00 €).

Importe total: cento vinte e nove mil oitocentos euros (129.800,00 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M-subgrupo 2-categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70-baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 4 de xuño de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
O xefe territorial de Lugo