Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación derivada de permiso de investigación A Gudiña 4739.1, situada nos concellos da Gudiña e de Viana de Bolo e promovido por Granitos da Rúa, S.A.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán ao trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Do mesmo xeito, o artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, establece que, unha vez completada a documentación, se abrirá un período de información pública que non será inferior a trinta días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación derivada de permiso de investigación A Gudiña 4739.1, situada nos concellos da Gudiña e de Viana de Bolo, da provincia de Ourense, e promovido por Granitos da Rúa, S.A.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que a soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, así como nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2012

Ángel Bernado Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas