Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/58-2, 8027 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio social: r/ Nova, 6 (Casa da Balconada), 15705 Santiago de Compostela.

Denominación: C.T. de 2×630 kVA para edificios Cetal e Cetil.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– L.M.T.S. con orixe nunha cela de ruptofusible existente no CT (3572) propiedade de BEGASA, situado na r/ Montirón, e final nunha cela de remonte situada no centro de medida, cunha lonxitude de 110 metros de condutor tipo R.H.Z.1-95 mm.

– Centro de medida situado en local non prefabricado, no cal instálase unha cela de remonte, unha de interruptor automático e unha de medida.

– L.M.T.S. con orixe no centro de medida proxectado e final no centro de transformación proxectado, cunha lonxitude de 18 metros de condutor tipo R.H.Z.1-95 mm.

– C.T. en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 2×630 kVA, no cal se instala unha cela de liña e dúas de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 29 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo