Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22684

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de procedementos de incidencia ambiental (expediente 37434/422 e catro máis).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo licenzas urbanísticas para as actividades e nas localizacións que a seguir se indican:

1. Solicitante: Alento, Asociación de Dano Cerebral; actividade: ampliación de licenza de centro de día, centro ocupacional e residencia para persoas con dano cerebral adquirido; situación: rúa da Pedra Seixa, esquina rúa Poza Cabalo; expedientes: 76459/421 e 37434/422.

2. Solicitante: Outlet Galicia, S.L.; actividade: venda de roupa; situación: avda. Ricardo Mella nº 111; expediente: 39058/422.

3. Solicitante: Pinturas Hempel, S.A.; actividade: almacén de pinturas; situación: peirao de reparacións de Bouzas; expedientes: 76051/421 e 39092/422.

De conformidade co artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes á información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e a exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos os vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta 1 do edificio da xerencia, sito na praza do Rei 4, Vigo).

Vigo, 15 de maio de 2012

Mª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos