Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22685

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto ourensano de desenvolvemento económico - INORDE

ANUNCIO de información pública sobre contratación dun servizo na estación de ferrocarril de Vilar de Barrio.

Anuncio de licitación do procedemento aberto para a contratación administrativa especial da prestación do servizo denominado mesón-albergue do complexo da estación de ferrocarril de Vilar de Barrio.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da prestación do servizo denominado mesón-albergue do complexo da estación de ferrocarril de Vilar de Barrio. As proposicións presentaranse, no Rexistro do Inorde, ata as 14.00 horas do vixésimo (20) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro do Inorde en Ourense; rúa Progreso 28, ou por teléfono 988 39 11 61 e fax: 988 39 19 62 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 4 de xuño de 2012

José Manuel Freire Couto
Presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico