Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22683

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre licenza para a instalación dun centro autorizado de tratamento de vehículos fóra de uso.

Desguaces Xacobeo, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal de actividade para a instalación dun centro autorizado de tratamento (CAT) de vehículos fóra de uso, que se situará na rúa Alexandre Bóveda nº 47 desta localidade; e en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no cal se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da derradeira inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG, as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Santa Comba, 1 de xuño de 2012

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde