Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de maio de 2012 pola que se notifica o apercibimento previo á execución forzosa, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 30 de abril de 2012, ditou resolución mediante a que se apercibe a José Manuel Rodríguez Montero da execución forzosa da Resolución do 4 de marzo de 1998, recaída no expediente número SIL/78/2012 (S-73/1997), pola que se lle ordenou devolver os terreos ao estado anterior á execución das obras de construción dunha edificación de planta baixa e alpendre illado dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de praia da Postiña-Fornos, termo municipal de Cariño (A Coruña).

Ao non poder realizarse a notificación persoal, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito apercibimento.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do apercibimento que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra este apercibimento non cabe interpoñer recurso ningún.

Para que conste e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística