Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de maio de 2012 pola que se notifica o traslado de acordo de incoación de expediente sancionador e de reposición da legalidade (S-2011/037-P), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio do interesado.

A instrutora do expediente acordou, con data do 4 de maio de 2012, dar traslado a María Victoria Iraurgui Leguina do Acordo do 6 de setembro de 2011, polo que se incoou a Gaspar de Haz Bardinet expediente sancionador e de restitución de legalidade nº S-2011/037-P, pola execución de obras e instalacións sen a perceptiva autorización autonómica dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Monte Cabalo, termo municipal de Vilaboa (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do dito acordo, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretenda valer.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística