Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de maio de 2012 pola se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 6 de xuño de 2011 recaída no expediente MT 107A 2011/76-2, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 2 de maio de 2012, a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 6 de xuño de 2011, ditada polo xefe do Servizo Provincial de Lugo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se resolve o arquivo do expediente de referencia.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Consuelo Souto Serrano, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á citada interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística