Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22617

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1367/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria (reforzo) do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1367/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de maio de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1367/2009, sendo demandantes Sandra María Cervera Martínez, Verónica Corredoira Vilariño, Alejandra María Santos Santos e María López Pose, representadas polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandadas a empresa Exclusive Seller, S.L. e a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, coa representación do letrado Sr. Estébanez Juega, despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Verónica Corredoira Vilariño contra a empresa Exclusive Seller, S.L. e contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, e, en consecuencia, condeno estas últimas a aboarlle a Verónica Corredoira Vilariño a cantidade de 2.349,60 euros que lle deben, cantidade que deberá ser anticipada no seu aboamento pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sen prexuízo do seu dereito de reintegro con cargo á empresa Exclusive Seller, S.L.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.»

E para que sirva de notificación a Exclusive Seller, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de maio de 2012

A secretaria xudicial