Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22619

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (50/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados baixo o número 50/2010 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de maio de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 50/2010, sendo demandante José Manuel Carracedo García, asistido polo letrado Sr. Naveira Couceiro, e demandada a empresa Lacados y Barnizados Bergantiños, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Manuel Carracedo García contra a empresa Lacados y Barnizados Bergantiños, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a José Manuel Carracedo García a cantidade de 1.257,32 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.»

E para que sirva de notificación a Lacados y Barnizados Bergantiños, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de maio de 2012

A secretaria xudicial