Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22615

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1132/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1132/2011, por instancia de José Luis Bravo Trillo contra Texdigital, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data 8 de marzo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por José Luis Bravo Trillo, asistido polo letrado David Pena Díaz, contra a entidade Texdigital, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do seu despedimento e, debido á situación de cesamento de actividade da empresa, declaro a extinción do contrato de traballo que o unía coa empresa demandada na data desta resolución, e condeno a empresa Texdigital, S.L. a que indemnice a José Luis Bravo Trillo na contía de 14.331,85 euros, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 9.948,26 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo. E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 1534 000064113211.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Texdigital, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de maio de 2012

A secretaria xudicial
Rubricado