Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 21 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicos os inicios do procedemento de reintegro de axuda ao programa para a promoción do emprego autónomo, regulados na Orde do 21 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), relativos aos expedientes TR341D2008/627-2 e TR341D2008/1097-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, 70-baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 21 de maio de 2012

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2008/627-2.

Nome: José Fernández Díaz.

DNI/NIF: 76574228-Y.

Último enderezo coñecido: pza. do Campo, 6-1º, 27001 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16, letra a), da Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2008/1097-2.

Nome: Pablo Mateo López Obermeier.

DNI/NIF: 34884649-C.

Último enderezo coñecido: rúa Alvarelle, 10, Covas, 27850 Viveiro (Lugo).

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16, letra a), da Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.