Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado Punto de encontro familiar de Santiago de Compostela, por procedemento aberto e tramitación urxente.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que a continuación se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 56/2011.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado Punto de encontro familiar de Santiago de Compostela, por procedemento aberto e tramitación urxente.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: ascende a cento dezasete mil seiscentos vinte e sete euros con doce céntimos (117.627,12 €) aos cales se engaden vinte e un mil cento setenta e dous euros con oitenta e oito céntimos (21.172,88 €), que corresponden ao IVE (18%), polo que o importe total do expediente de gasto é de cento trinta e oito mil oitocentos euros (138.800 €).

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfonos: 981 54 56 50-981 54 46 50.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase cláusula 5.3.3.1), documentación administrativa sobre nº 1, prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se deberá presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do complexo administrativo de San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil de contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17567

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar