Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilarguende no concello de Navia de Suarna (expediente 003/2009 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilarguende.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.656 m, con orixe en apoio de formigón existente da L.M.T. (existente) BEC-804, en condutor LA-56 e final no C.T. proxectado de Vilarguende, sobre apoios de formigón (1) e metálicos (12).

2. Centro de transformación de intemperie, de 50 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V, en Vilarguende, sobre apoio de formigón.

3. Rede de baixa tensión aérea en condutor R.Z., cunha lonxitude de 280 m, con orixe no centro de transformación proxectado de Vilarguende, sobre apoios de formigón (6).

4. Rede de baixa tensión soterrada, en condutor X.Z.1, con orixe no apoio 1 e final no apoio 9 da R.B.T., cunha lonxitude de 231 m.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que coiden oportunas, no prazo de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 21 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Ref. catastral

Apoio

Afección

Nº predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

m2

ml aér.

m2

2

9

190

Liñares

Monte alto

Francisco Fernández Salceda

Liñares - 27651 Navia de Suarna, Lugo

2

2.0

70.0

1.143.0