Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22484

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de información pública sobre instalación de taller de ebanistaría para a fabricación de cadaleitos no polígono industrial do Reboredo.

Neste concello atópase en trámite un expediente promovido por Aldama Cadaleitos, S.L. para a obtención de licenza de instalación de actividade de taller de ebanistaría para a fabricación de cadaleitos no polígono industrial do Reboredo, rúa 2, parcela 5B-4.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, respectivamente, co obxecto de que poidan examinalo, na Secretaría do concello, en horas de oficina, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulgen oportunas.

Monforte de Lemos, 8 de maio de 2012

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde