Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22485

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal dos Deportes de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre procedemento aberto para a contratación da subministración de gasóleo C para as instalacións dependentes do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: subministración do combustible (gasóleo C) para as instalacións dependentes do Instituto Municipal dos Deportes.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: dous anos e un ano de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento:

Prezo total do contrato: dous anos: 130.000,00 euros, con IVE. O IVE son 19.830,51 euros.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, avda. de Castrelos, 1. 36210 Vigo. Teléfono 986 23 74 58. Fax: 986 23 64 88.

Páxina web Concello de Vigo: www.vigo.org

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: non.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: ata 15 (quince) días seguintes desde o día da súa última publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a exixida nas cláusulas 11 e 12 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: véxase o punto 6 do anuncio.

9. Apertura ofertas:

Entidade: a mesa de contratación do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas.

10. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario ata un importe máximo de 1.000,00 euros, punto 5.A da folla de especificación do contrato (FEC).

Vigo, 14 de maio de 2012

José Manuel Fernández Pérez
Presidente do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo