Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22487

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012, da Dirección da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta unidade no primeiro cuadrimestre de 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáse publicidade da relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012

Pablo Galego Feal
Director da Escola Galega de Administración Sanitaria

ANEXO

Convenio

Importe

económico

Data

sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, para o ano 2012.

2.290.568,00 €

10.1.2012

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Sen achega

económica

24.1.2012

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e Astellas Pharma, S.A. para a organización do Curso de xestión clínica, dentro do ámbito da Escola de Directivos Sanitarios de Galicia.

7.000,00 €

13.2.2012

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e Laboratorios Farmacéuticos Rovi, S.A. para a organización de actividades formativas de simulación médica avanzada.

6.000,00 €

16.2.2012