Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22483

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cesuras

ANUNCIO de información pública sobre instalación dunha estación base de telefonía móbil en San Gregorio, na parroquia de Borrifáns.

Vodafone España, S.A.U. solicita neste concello licenza municipal para instalar a actividade de estación base de telefonía móbil, na parcela 63 do polígono 32 de catastro de rústica deste concello, sita no lugar de San Gregorio, parroquia de Borrifáns.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008 (DOG do 12 de xuño), polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Cesuras, 11 de maio de 2012

Julián Lucas Ramírez
Alcalde